Unha cría de foca gris parou a descansar no porto de Bares 

O animal mariño estivo unhas dúas horas no peirao, despois entrou de novo na auga e foise
La cría de foca descansando en el puerto de Bares. PROTECCIÓN CIVIL MAÑÓN
photo_camera A cría de foca descansando no porto de Bares. PROTECCIÓN CIVIL MAÑÓN

Un cachorro de lobo mariño ceniciento ou foca gris parou a descansar a última hora da tarde deste venres no porto de Bares. O animal mariño estivo unhas dúas horas no peirao, despois entrou de novo na auga e marchou.

O responsable de varamentos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Alfredo López, calcula que podería ter uns seis meses de idade, medía aproximadamente un metro e o seu peso estaría entre 15 e 25 quilos.

Tanto a Cemma como Protección Civil de Mañón acudiron á zona para ver se o animal precisaba algo ou se atopaba ferido, comprobando que non era así, polo que supoñen que posiblemente parou a descansar.

Comentarios