Crecen os bañistas picados polos escarapotes e medusas nas praias mariñás

As 'avispas acuáticas', coñecidas como escarapotes, déixanse sentir en areais moi concorridos como A Rapadoira e outros máis pequenos

Un socorrista en la playa de A Rapadoira. J.M. PALEO
photo_camera Un socorrista na praia da Rapadoira. J.M. PALEO

Na praia da Rapadoira os ariegos ou escarapotes, como se coñece na Mariña ao peixe araña, están a deixarse sentir debido ao gran número de persoas que camiña ou se baña no que é o seu medio natural. O número de picaduras dispárase en case todos os areais da zona e este xoves en Burela tamén se rexistraron as de medusas: dous en Ril e unha na urbana.

Durante o xoves foron moitos os bañistas das praias de Burela que confirman ver exemplares de augamar roldando a beira.

O Trachinus draco ou peixe araña, escarapote ou ariego é un peixe que vive enterrado baixo a area e inxecta veleno a través de espiñas situadas na súa aleta dorsal como forma de autodefensa.

Son os socorristas os que adoitan practicar as curas aos bañistas afectados por estas vespas acuáticas. O remedio que se aplica nestes casos é mergullar o pé nun cubo con auga quente durante aproximadamente media hora ou ben aplicar amoníaco diluído na zona. Polo xeral, en case todas as praias da Mariña adóitase rexistrar algún caso deste tipo a diario.

É en praias cuxa afluencia de bañistas é máis elevada onde hai maior número de incidencias deste tipo. É o exemplo da praia da Rapadoira en Foz e onde traballa Mario, un socorrista que conta que "desde que empezamos a tempada tivemos bastantes casos de xente á que lle picaron escarapotes, pero para saber se son moitos en comparación con outros anos haberá que esperar ao final do verán. Aínda é moi pronto para sabelo".

A Rapadoira é unha praia que conta cunha cifra de usuarios superior ao resto dos areais da zona, debido á gran afluencia turística que rexistra Foz durante o verán e é por iso polo que este socorrista aclara que é normal que se produza tamén un maior número de casos. "Acumúlase moita xente, entón se hai 20 ariegos e 40 persoas é máis fácil que che piquen que se hai só 5 persoas bañándose" explicaba.

A principal recomendación que se debe de ter en conta para evitar estas picaduras é mediante o uso de cangrexeiras ou fanequeiras.

Tamén é importante ter en conta o estado do mar no momento do baño, xa que estes peixes entérranse cando a marea está a baixar e é máis probable sufrir a súa punción en baixamar. Para rematar, e no caso de que se produza unha situación deste tipo, debe acudirse ao posto de socorro que se atopa instalado no areal para que os socorristas poidan fornecer o tratamento, co que a dor debería remitir. Aínda que esta picadura pode ser dolorosa, non debería causar complicacións.

O peixe araña: incidencias con dor aguda
15 feridos en Barreiros
Afectados por ariegos só o sábado e hai máis casos.

3 bañistas na Areoura
Os socorristas atendéronos.

5 casos na Marosa
Os ariegos seguen na beira.

3 bañistas na Areoura
Atendéronos socorristas.

4 incidencias en Llas
Resolvéronas os vixiantes.

3 picadas en San Cibrao
Contabilizados nas súas praias.

 

Comentarios