Cortada ao tráfico un tramo da Rúa Grande de Celeiro, por obras

A subministración de auga potable en parte da rúa quedou interrompida durante unhas horas debido aos traballos na zona

Obras en la Rúa Grande de Celeiro. AMA
photo_camera Obras na Rúa Grande de Celeiro. AMA

Co fin de pavimentala de novo e reformar os servizos de saneamento e acometida eléctrica, entre outros, está cortada a Rúa Grande de Celeiro (Viveiro) entre os números 96 e 102, polo que non se pode acceder desde a cabeceira da rúa cara ao Celeiriño, sendo necesario entrar e saír polo acceso desde Lavandeiras.

O Concello de Viveiro sinalou que o corte está desde "a intersección coa rúa Arribada e o nº 104, sendo a rúa Arribada de dobre sentido regulado por semáforos. Durante a duración destas obras queda prohibido ou aparcamento na rúa Arribada. Os propietarios de garaxes no tramo da Rúa Grande comprendido entre a intersección coa rúa Arribada e o número 96 poderán acceder aos seus garaxes pois a rúa quedará cortada ao tráfico permitindo o acceso a residentes".

Este martes, entre as catro e as oito da tarde a subministración de auga potable en parte da Rúa Grande quedou interrompida debido ás obras, segundo sinalaron os veciños.

Comentarios