Caceroladas na Mariña contra o peche das cubas de Alcoa

A Mariña iniciou este martes unha nova protesta en forma de caceroladas contra o peche das cubas de Alcoa. A iniciativa contou cunha gran resposta. Desde as fiestras dos fogares protestouse pola situación na que se atopa Alcoa San Cibrao. 

As lemas desta mobilización son os que levan na rúa desde que se coñeceu a intención da empresa, e estes son "As cubas non páranse", "Enerxía solución" e "A Mariña salvar loitando".

As caceroladas, que se puxeron de moda ao longo do confinamento, chegan agora para que A Mariña se faga ouvir nesta complicada situación pola que pasa a comarca. A cita será todos os días ás 22.00 horas.

Comentarios