Un control da Policía Local de Burela sáldase con tres alcoholemias

Policía Local de Burela. AMA
photo_camera Policía Local de Burela. AMA

A Policía Local de Burela detectou tres alcoholemias nun control que montaron na localidade na madrugada do sábado ao domingo.

Un dos condutores arroxou unha taxa de 0,71 miligramos de alcol por litro de aire expirado, polo que o condutor está acusado dun delito contra a seguridade do tráfico, o que podería carrexar a retirada do carné de conducir e unha sanción económica, en función do resultado do xuízo ao que terá que someterse.

Nos outros dous casos, os condutores enfróntase a multas e retirada de puntos do carné por conducir baixo os efectos do alcol, arroxando taxas de 0,37 e 0,49.