Conta atrás para o Resurrection: estás son as novidades desta edición

O escenario principal será un dos máis grandes de Europa e hai nova moeda

Público en la edición del Resurrecton de 2017. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Público na edición do Resurrecton de 2017. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Un dos escenarios máis grandes de Europa, nova e impactante decoración, máis e mellores baños ou unha moeda oficial distinta son algunhas das novidades da próxima edición do Resurrection Fest, para a que xa só faltan tres días.

O campo de Lavandeiras volverá recibir a miles de persoas do próximo mércores ao sábado nun recinto con igual aforamento que o ano pasado pero que gañará en decoración con tres novas esculturas que se sumarán ás que xa había. Unha das maiores preocupacións da organización é facer que os asistentes estean cómodos e por iso este ano tamén mellorarán os baños, que serán "dunha calidade moito máis alta", segundo avanza o director, Iván Méndez.

O recinto repite o formato de catro escenarios e o principal será similar en aparencia ao do ano pasado, aínda que cunha superficie de traballo maior para albergar a tres grupos grandes como son KISS, Scorpions e Ghost, especialmente o primeiro, que trae ata dez tráileres de material e que ofrecerá "un gran espectáculo" con toda a súa artillería. Este escenario, asegura Méndez, "é un dos máis grandes de Europa".

O Resu tamén estrea moeda e os Tokens son substituídos por Tuents by Tuenti. Actualmente teñen en marcha unha promoción de compra anticipada de 55 euros en Tuents por 50 euros ou 120 euros en Tuents a 100 euros.

Doutra banda, o venres chegaron os primeiros asistentes que intentaron acampar no parque de Covas, onde non se pode ata este domingo. Segundo dixo a Policía Local, traían unhas 8 tendas e fóronse mentres tanto para o cámping.

CONCERTOS O MARTES. Cornelius organiza o martes na Praciña os concertos Pre-Resu gratuítos, ás nove e media con Chris Masuak and The Viveiro Wive Riders e Back in Town.

Máis en A Mariña
Comentarios