As confiterías focenses manteñen a festa afrodisíaca con doces para casa

Amarena, Anduriña e Xoyma ofrecen elaboracións para levar, a 2 euros, co fin de non perder a tradición da cita que celebra desde hai once anos a hostalería por San Valentín
Pasteles especiales por el día de San Valentín en la pastelería Amarena de Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Pasteles especiales por el día de San Valentín en la pastelería Amarena de Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ

As pastelerías focenses Amarena, Anduriña e Xoyma ofrecen durante todo o fin de semana doces afrodisiacos para levar a casa, co fin de manter a tradición de celebrar a Festa dá Cociña Afrodisíaca que organiza a hostalería de Foz, co auspicio do Centro Comercial Aberto-Acia Foz desde hai once anos.

Este ano a pandemia impide a festa nos locais, polo que desde as confiterías animáronse para que non se perdese a cita, ademais de facer algo para animar á clientela, que recibiu de xeito positivo a proposta e recoñecen o esforzo dos seus promotores.

COMIDAS. Pola súa banda, Anduriña celebrou a través de RadioFoz o sorteo de doce comidas para celebrar San Valentín entre as persoas que fixeron compras por importe superior a 10 euros tanto no local como na web. Os afortunados poden recoller a comida para degustala en casa ou esperar a que reabra a hostalería.

Os gañadores foron Noelia Díaz, de Foz, que gozará do seu premio en Dandy; Estrela Rodríguez, de Madrid, en Pizzería Xoiña; José Naray, de Foz, en Xoiña; Ana María Couto, de Fazouro, en O Lar; Sabela Castiñeira, en Portochico; Mariña González, de Foz, en Costumes do Mar; Nina Zaitello, de Madrid, en A Quinta; Luz Valmayor, en Casa Damián; Celia Anido, de Foz, en Tangarte; José Luís, de Foz, en As Brasas; Carmen Pena, en Fina, e Ramona Castro, en O Rincón do Mis.

Comentarios