Unha condutora sálvase por pouco do lume iniciado no seu vehículo en Alfoz

A muller asegura que empezou a saír fume polo volante do vehículo
Coche calcinado en Alfoz. EP
photo_camera Coche calcinado en Alfoz. EP

Unha veciña de Alfoz tivo que abandonar este mércores, cara ás nove da mañá, o automóbil que conducía na zona de Allegue cando empezou a saír fume polo volante do vehículo que conducía na estrada que conecta Foz e Alfoz.

O lume no turismo, que quedou completamente calcinado, motivou a intervención dos bombeiros de Barreiros, do distrito forestal de Mondoñedo e a motobomba do Concello alfocés, sen que puidese facer nada para salvar o coche.

O incendio prendeu nun monte próximo plantado de eucaliptos queimando uns 100 metros cadrados de superficie.