sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Condenado a 5 anos o adestrador que abusou dunha xogadora menor

Audiencia Provincial. ARQUIVO
Audiencia Provincial. ARQUIVO
O tribunal considera acreditado que o home, de 60 anos, abusou de forma continuada dunha das súas xogadoras, que apenas tiña 15 anos

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de prisión e a outros cinco anos de liberdade vixiada ao adestrador dun equipo de fútbol sala, un home de 60 anos e veciño da comarca lucense da Mariña, por abusar sexualmente e de forma continuada dunha das xogadoras, cando tiña 15 anos

Ademais, a Audiencia impúxolle a prohibición de comunicarse ou de aproximarse á vítima durante seis anos, así como a inhabilitación para calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores durante cinco anos. 

A tribunal considera acreditado que o acusado iniciou un achegamento sexual cara á menor en xullo de 2015. Para iso, se prevalió "da súa superioridade, ao ser adestrador e referente masculino da menor". 

O agora condenado continuou cos abusos, que levaba a cabo no seu vehículo e en lugares de pouca luz e escaso tránsito, polo menos ata xaneiro de 2017, segundo a sentenza. 

Condenado a 5 anos o adestrador que abusou dunha xogadora menor
comentarios