Conde recorda ao Goberno que o prezo da luz é a clave para salvar Alcoa

O vicepresidente económico da Xunta espera que se poida establecer un "prezo competitivo", que é o que demandan "Alcoa e os compradores"
Vista aérea de la planta de Alcoa. JM ÁLVEZ (AEP)
photo_camera Vista aérea da planta de Alcoa. JM ÁLVEZ (AEP)

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, trasladou ao Goberno a responsabilidade para salvar as plantas de Alcoa e Alu Ibérica, por medio do establecemento dun prezo eléctrico competitivo desde o punto de vista industrial.

Nun audio con declaracións do conselleiro facilitadas pola Xunta, Conde afirma sobre Alcoa que a empresa e o Goberno "seguen trasladando declaración de intencións". "é unha boa noticia, pero o que necesitan os traballadores e o que necesita a Xunta é que haxa un compromiso efectivo, por parte de Alcoa, para que proceda a un proceso de venda de real e, por parte do Goberno, para que cumpra co seu compromiso de establecer un prezo eléctrico competitivo", indicou.

"Está a demostrarse, non só por parte de Alcoa senón por parte dos propios compradores que queren adquirir a planta, que o prezo enerxético é a principal limitación que nestes momentos temos para proceder á venda", considerou o vicepresidente económico.

"Non parece razoable –engadiu– trasladar a xaneiro do ano 2023 a venda da planta cando temos catro compradores; polo tanto parece razoable que se o Goberno comprométese co prezo enerxético e Alcoa realmente asume ese compromiso de venda a operación debería concretarse de forma inmediata".

Sobre a situación da planta de Alu Ibérica, Conde cre que "a solución real para manter os postos de traballo vai vir se realmente pódese manter a actividade, e iso pasa unha vez máis polo prezo enerxético".

"Trasladámosllo con claridade á ministra na súa visita o pasado venres e concretámoslle que realmente a solución para Alu Ibérica é que o Goberno prometa un prezo enerxético estable e competitivo. Levamos máis de dous anos esperando por ese compromiso", dixo.

"A visita da ministra serviu para trasladar unha vez máis intencións pero non compromisos. Polo tanto, o que esperamos é que nos traballos que se poidan desenvolver nas próximas semanas o Goberno asuma o liderado para atopar un socio industrial e que ao mesmo tempo poida garantir un prezo eléctrico competitivo, que é a única vía para que AIu Ibérica poida ter unha solución desde o punto de vista mercantil; desde o punto de vista xudicial será o administrador o que poida marcar os tempos e, polo tanto, o camiño para atopar esa solución", concluíu Conde. 

Comentarios