A Xunta e o comité cualifican a reunión polo futuro de Alcoa como "decepcionante"

Segundo o conselleiro, o Goberno presentou unha serie de medidas que "xa sabe, desde hoxe, que son insuficientes"
Reunión por Alcoa en la Subdelegación del Gobierno. EP
photo_camera Reunión por Alcoa en la Subdelegación del Gobierno. EP

A reunión polo futuro de Alcoa celebrada este xoves en Lugo deixo balances contrapostos entre os seus participantes. Xunta e comité de empresa tachárona de "decepcionante", mentres que para Industria, que lle pediu "lealdade" ao Goberno galego, foi "positiva".

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, cualificou como "moi decepcionante" a reunión celebrada este xoves na Subdelegación do Goberno de Lugo, con presenza de representantes do Executivo, Alcoa, o comité de empresa e a propia Xunta de Galicia, para falar sobre o futuro da fábrica de produción de aluminio de San Cibrao.

A falta de presentar o estatuto que regulará o funcionamento das empresas electrointensivas, Conde precisou que o secretario xeral de Industria e PEME, Raül Branco, expuxo algunhas das medidas que contempla ese documento, pero a empresa manifestou que son "insuficientes" para manter "a produción de aluminio primario en Galicia e en España".

"Moi decepcionante. Moi decepcionante que o Ministerio non trouxese o estatuto. Trasladou unha serie de medidas que contén ese estatuto e que a empresa xa lle trasladou ao Ministerio que son insuficientes para manter a produción de aluminio primario en Galicia e en España", dixo Conde aos medios de comunicación.

Segundo o conselleiro, o Goberno presentou unha serie de medidas que "xa sabe, desde hoxe, que son insuficientes", de modo que está "a expor un estatuto insuficiente para poder establecer un prezo competitivo para a produción de aluminio primario".

Conde pediulle ao Goberno que "que faga unha revisión de inmediato, non só do estatuto, senón tamén" doutras medidas "de carácter fiscal"

Por iso, cominou ao goberno a revisar "as medidas" propostas para "incluír aquelas que poden garantir ese prezo competitivo e que, polo tanto, sexa posible manter a produción".

Ao seu xuízo, o Executivo central "está a actuar de forma unilateral, de costas ás empresas e aos traballadores".

"Non podemos dicir que estamos orgullosos nin do Goberno nin dos grupos políticos que están a apoiar estas medidas", insistiu Conde.

Conde pediulle ao Goberno que "que faga unha revisión de inmediato, non só do estatuto, senón tamén" doutras medidas "de carácter fiscal", que garantan "a viabilidade de Alcoa" e o futuro de todas "as familias, 5000 familias, que dependen das decisións" do Executivo.

Comentarios