Os concellos de Viveiro, Xove e Cervo pechan este mércores pola folga en Alcoa

Solidarízanse así cos traballadores da aluminera e os seus auxiliares, que irán protestar a Santiago ante a Xunta. O goberno vivariense tamén pon un bus gratuíto para acudir a Compostela
Trabajadores de Alcoa en la movilización. XESÚS PONTE
photo_camera Traballadores de Alcoa nunha mobilización. XESÚS PONTE

Os concellos de Viveiro, Xove e Cervo anunciaron a súa intención de pechar este mércores en solidariedade cos traballadores de Alcoa e dos seus auxiliares, que teñen convocada unha xornada de folga na fábrica e unha concentración ante a sede da Xunta en Santiago ao mediodía, protesta que secundarán tamén numerosos comerciantes e empresarios da comarca.

Ademais o goberno vivariense pon un bus gratuíto a disposición dos veciños que queiran acudir. Sairá ás oito e media da mañá da estación, con 55 prazas cuxos ocupantes deben levar máscara durante todo o traxecto. Para reservar praza hai que chamar ao 982.56.01.28 ou escribir a [email protected].

En Cervo funcionarán os servizos mínimos, segundo manifestou o alcalde, Afonso Villares, tras reunirse co comité da administración local, e en Xove ademais do peche do consistorio non se realizará o mercadillo semanal dos mércores na contorna do centro cívico.

Comentarios