O concello de Valdés blíndase ante a ameaza de coronavirus

Debido ao  brote de Covid-19 da Mariña o concello asturiano suspende os mercadillos e pecha os albergues de peregrinos
Valdés por la noche. AYUNTAMIENTO DE VALDÉS
photo_camera Valdés pola noite. CONCELLO DE VALDÉS

O Concello de Valdés (Asturias) suspendeu os mercadillos de venda ambulante e decidiu pechar os albergues de peregrinos de Almuña e Cadavedo polo rebrote de COVID-19 na Mariña (Lugo). 

O alcalde deste concello do occidente asturiano, Óscar Pérez Suárez, publicou un bando onde explica que estas medidas buscan preservar e garantir a seguridade e a saúde dos veciños tras os máis de cen casos detectados nos concellos costeiros galegos que lindan con Asturias, cuxa comarca foi confinada pola Xunta de Galicia. 

O rebrote pon en perigo a celebración da sardiñada e a repartición do bollu de San Timoteo

Así, ademais de suspender os mercadillos e os albergues municipais como medida para diminuír riscos, o Concello de Valdés revisará xunto coas autoridades sanitarias e atendendo evolución do rebrote da Mariña, as autorizacións de eventos festivos para o mes de agosto, como a sardiñada ou a repartición do bollu de San Timoteo. 

Máis en A Mariña
Comentarios