O Concello de Burela tirará a actual bancada da Marosa para facer outra

O informe que unha empresa remitiu ao goberno local reflexa unha gran deterioración da instalación do campo de fútbol, cuxo uso se prohibirá
Grada del campo de fútbol de A Marosa. JOSÉ M. ÁLVEZ
photo_camera Bancada do campo de fútbol da Marosa. JOSÉ M. ÁLVEZ

A bancada do campo de fútbol de A Marosa, en Burela, atópase en peor estado do que se esperaba e as actuacións a levar a cabo con ela van ter que ser radicais. Isto é, derrubala e construír unha nova.

Isto significa unha obra importante que afectará á utilización do campo de fútbol, que quedará non poderá usarse mentres duren os traballos. Esta conclusión sobre o estado en que se atopa dita bancada é a que reflicte o informe dunha empresa especializada que encargou o goberno municipal de Burela para coñecer o alcance do problema que tiñan entre mans.

O alcalde burelense, o socialista Alfredo Llano, explicouno este sábado con total claridade: "Están moi mal non só as columnas ou as vigas, como xa sabíase. Realmente é un problema estrutural e visual de primeira orde que haberá que resolver por medio dunha obra de substitución. Non chegará cun reforzo ou unha reconstrución parcial do que hai".

Llano di que a recomendación do informe técnico que recibiron é moi clara: "Tombar a bancada que hai e facer unha nova", e ante uns datos tan evidentes, apuntou que o goberno municipal asúmeos tal cal e é no que se porán a traballar a partir da próxima semana, en tramitar unha nova bancada para A Marosa.

Para empezar, ao longo da semana que arrinca mañá os responsables do goberno municipal socialista vanse a reunir con responsables da SD Burela para explicarlles o que sucede e estes proxectos de futuro pero, ademais, para abordar diferentes actuacións de índole práctico a aplicar de modo inmediato mentres non se executan esas obras máis ambiciosas.

Todo o que hai nesa zona, como o bar, terá que ser recolocado noutras zonas do campo de fútbol de modo inmediato
 

Por exemplo, o alcalde xa avanzou que "falaremos con eles para que nos partidos non se meta a xente alí, porque podería haber algún problema e non queremos que haxa ningún tipo de perigo para ninguén. A seguridade ten que ser unha cuestión prioritaria e creo que todos imos estar de acordo niso".

Tamén será necesario "reorganizar os servizos, está alí o bar que haberá que recolocalo e, en xeral, todo o que teñen alí". Para iso é para o que falarán cos membros do equipo de fútbol de Burela. "Despois tocaranos a nós: facer un proxecto e buscar financiamento para unha nova bancada que, mentras se faga, condicionará o fútbol en Burela", concluíu o rexedor.

Unha bancada con materiais máis modernos
Alfredo Llano indicou que no informe que lles remitiron indícase que a estrutura actual está formada duns materiais demasiado pesados que non deberán volver utilizarse no futuro porque iso tamén influirá na súa duración. Os consellos que se expoñen alí son que se utilicen novos materiais, máis lixeiros, pero resistentes para soportar as inclemencias meteorolóxicas dunha zona tan exposta como é a que ocupa o campo de fútbol da Marosa.

Comentarios