Susto por un conato de incendio nunha cheminea de Foz sen danos persoais

CONATO DE INCENDIO EN LA CHIMENEA DE UNA CASA EN LA ZONA DE A TEIXEIRA EN SANTA CILLA (FOZ) FOTO JM ALVEZ
photo_camera Actuación dos Bombeiros na vivenda.JMª ÁLVEZ

O conato de incendio declarado pasadas as catro e media deste luns nunha cheminea do lugar de Teixeira, na parroquia de Santa Cilla pertencente ao municipio de Foz, mobilizou aos servizos de urxencia aínda que non causou danos persoais. O lume unicamente afectou o conduto apuntado, sen causar máis desfeitas dentro da vivenda.

A central do 112 comunicou a incidencia aos bombeiros do parque comarcal de Barreiros, a agrupación focense de Protección Civil e á Policía Local, así como ao servizo de Urxencias Médicas 061 e o Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, aínda que estes dous últimos non chegaron a intervir nin se desprazaron ata o lugar, debido a que previamente se comprobou que non había persoas afectadas.