O complemento de moda

Nora Moda de Burela confecciona máscaras personalizadas en algodón e lavables Esta opción está a ter moita demanda, con encargos de varios puntos da comarca
Flórez trabajando en las mascarillas. JOSÉ Mª ÁLVEZ.
photo_camera Flórez traballando nas máscaras. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A chegada da chamada nova normalidade trouxo consigo novas cousas ás que aos poucos hai que irse afacendo. Unha delas é o uso das máscaras, cuxo uso xa é obrigatorio incluso nos espazos abertos. Por iso, cada vez son máis os que as converten nun complemento máis do seu día a día e optan por personalizalas.

Aproveitando este tirón, en Nora Moda de Burela optaron ofrecer esta opción de personalizalas. "Levámolas feitas para todo tipo de negocios, dende panaderías a barberías ou oficinas de seguros", explica Miguel Flórez, que asegura que se poden facer co nome da empresa ou do grupo de música preferido, co escudo do equipo favorito, con nomes ou con debuxos. "Adáptome ao que pida ou cliente, calquera idea que me poidan traer eu intento sacala adiante para que cada quen teña a que quere", recoñece Flórez, que subliña que esta iniciativa foi unha forma de adaptarse aos novos tempos tras a reapertura do negocio.

As máscaras está elaboradas en algodón e son lavables e incorporan un peto para o filtro, que tamén se pode lavar.

A demanda deste tipo de máscaras sorprendeu a Flórez, que recoñeceu que "ando apuradillo" para cumprir con todos os encargos que ten e que chegan desde distintos puntos da comarca e incluso de Lugo. "A verdade é que están tendo moito éxito", asegura, "empecei a facelas porque mo propuxeron un día e a partir de aí animouse máis xente". "Na tenda xa fago arranxos, polo que a costura non se me fai de novo e adapteime moi ben a coser as máscaras", asegura.

Os encargos ocupan gran parte do seu tempo, pero na tenda tamén hai dispoñibles distintos modelos con estampados e distintos motivos para aquelas persoas que queiran contar cunha máscara diferente e non teñan unha idea clara. "Hai días que teño máis modelos que outros, depende un pouco de como vaian vos encargos, pero sempre hai dispoñibles", asegura.

O prezo destas máscaras é 10 euros e hai modelos para adultos, novos e nenos.

Comentarios