viernes. 20.09.2019 |
El tiempo
viernes. 20.09.2019
El tiempo

O comité ve a planta de Alcoa "cerca do abismo"

Planta de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Planta de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Pedirá "a implicación das institucións, a autonómica tamén" para poder darlle unha solución á crise da factoría de San Cibrao

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, asegurou o xoves que a decisión da dirección da multinacional de continuar coa política de redución de produción na planta de Aluminio sitúaa "cerca do abismo".

Tras analizar a reunión mantida o mércores co presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, os sindicatos sacaron "conclusións preocupantes e negativas". "Estamos nun camiño que non queriamos empezar, pois imos na mesma dirección que as prantas de A Coruña e Avilés", asegurou Paleo, que subliñou que "polo menos aseguráronnos que non tocarían o emprego, esa é a única boa noticia".

O propio Paleo confirmou que desde o luns que se iniciou a parada das 32 cubas de Electrolisis, só se parou unha das "cubas enfermas", aínda que se prevía apagar unha cada día.

Desde o comité adiantaron que pedirán "a implicación das institucións, a autonómica tamén" para dar solución á crise da factoría de San Cibrao.

O comité ve a planta de Alcoa "cerca do abismo"
Comentarios