O comité pedirá medidas cautelares para evitar o peche de Alcoa

Trata de evitar o despedimento de 524 traballadores
Protesta de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Protesta de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ

á espera de que o Goberno de España “mova ficha” e anuncie a intervención da única fábrica de aluminio primario que segue funcionando no país, o comité de empresa iniciou as xestións para impugnar o Ere que pretende aplicar Alcoa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e ten previsto pedir medidas cautelares para evitar o peche da planta.

Nesa impugnación, para evitar o despedimento de 524 traballadores -e a hibernación ordenada das cubas ata o primeiro trimestre do próximo ano-, están a traballar as asesorías xurídicas dos sindicatos desde o fracaso das negociacións e hoxe está prevista unha reunión coa autoridade laboral para coordinar as actuacións a desenvolver nos próximos días.

Fontes sindicais explicaron á prensa que a idea é presentar a demanda xudicial canto antes, dentro do prazo de vinte días hábiles tras a comunicación formal da empresa, que o pasado venres anunciou a súa intención de executar o Ere, despedir a 524 traballadores e parar as cubas.

Ademais de impugnar xudicialmente o Ere, os representantes dos traballadores teñen previsto solicitar medidas cautelares para impedir que Alcoa poida aplicar os despedimentos ou parar as cubas de electrolisis antes da celebración do xuízo.

Namentres, os traballadores seguen coa folga indefinida e controlan os dous accesos principais á fábrica para evitar a saída de aluminio do complexo industrial de Cervo.

Ademais, logo da manifestación dos alumnos de secundaria do pasado domingoo comité prepara novas accións de protesta e anuncia que serán máis contundentes. 

Comentarios