O comité de empresa de Alcoa pedirá a Liberty House que concrete os seus plans para San Cibrao

Os traballadores reuniranse este mércores en Madrid con representantes da firma

José Antonio Zan, presidente del comité de Alcoa. AEP
photo_camera O presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan (no centro da imaxe). AEP

O comité de empresa de Alcoa pedirá aos responsables de Liberty House que concreten os seus plans de futuro para a planta de San Cibrao, en Cervo, cuxa compra negocia coa multinacional estadounidense. 

Os representantes dos traballadores están citados por GFG Alliance –grupo que integra a Liberty House– para este mércores ás 17,00 horas, na sede de Ignis Energy, en Madrid. 

"Imos ver que plans teñen, tanto industriais como sociais e de mantemento dos dereitos laborais", destacou o presidente do comité, José Antonio Zan, en declaracións a Europa Press. 

Este domingo, os traballadores da fábrica da Mariña pediron cunha concentración un acordo de venda que aposte pola planta de San Cibrao. 

Polo momento, as partes atópanse distanciadas para chegar a un acordo para a compravenda, debido, segundo Alcoa, ás esixencias que expón Liberty. 

Comentarios