O comité de empresa de Alcoa di que o "máis perigoso" é a ausencia de interlocutor

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pide tranquilidade ás empresas electrointensivas e aos seus traballadores

 

Xosé Paleo, presidente del comité de empresa de Alcoa en San Cibrao. AEP
photo_camera Xosé Paleo, presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao. AEP

O presidente do comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao, Xosé Paleo, recoñeceu que os traballadores da fábrica están "preocupados" polo que coñeceron do estatuto que regulará o marco das empresas electrointensivas, porque opina que "non chega" para garantir a viabilidade e o futuro dese centro de traballo.

Paleo sinalou a Efe este mércores que o propio comité de empresa tivo que recorrer a asesoramento "técnico", porque resulta "complicado entender as consecuencias económicas" dese estatuto, pero logo de coñecer a reacción da empresa a través dos medios de comunicación, parece que ese documento "non achega unha solución".

De feito, precisou que o comité ten solicitada desde o pasado día 13 unha reunión coa dirección da fábrica para falar da situación do centro de traballo e das perspectivas que se abren co novo estatuto, pero aínda non obtivo resposta por parte da patronal.

O comité ten solicitada desde o pasado día 13 unha reunión coa dirección da fábrica para falar da situación do centro de traballo

Aínda así, opina que "o peor de todo é a actual situación no Estado", porque non se sabe o que vai suceder "dentro dun mes", logo das eleccións xerais, e non "hai un interlocutor estable".

Recordou, nese sentido, que as decisións de carácter "político", polo que a situación é especialmente "perigosa", porque "non hai con quen falar".

Polo demais, confirmou que este venres producirase unha reunión entre o comité de empresa e os alcaldes da Mariña para establecer unha estratexia de defensa dos postos de traballo na planta de San Cibrao.

GOBERNO. Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pediu este mércores "tranquilidade" ás empresas e traballadores ante o borrador do estatuto de consumidores electrointensivos publicado polo Executivo central, xa que "aínda se poden facer suxestións e propostas para mellorar" o texto inicial.

O citado estatuto prevé "garantir a estabilidade e a seguridade dos traballadores e os empregos e o futuro das empresas", indica Losada nun comunicado, e reitera o compromiso do Goberno central en buscar unha alternativa para as plantas de Alcoa na Coruña e Avilés antes do 30 de xuño.

Losada tamén apelou " lealdade e colaboración" da Xunta de Galicia e emprazou ás empresas a achegar propostas "para atopar o mellor marco posible dentro do propio marco que establece a Unión Europea (UE)" sobre o consumo enerxético.

Comentarios