O comité de empresa de Alcoa convoca unha marcha nocturna o sábado en Xove

Piden aos veciños que apaguen as luces e prendan veas
Trabajadores de Alcoa, en una marcha nocturna. ARCHIVO
photo_camera Trabajadores de Alcoa, en una marcha nocturna. ARCHIVO

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Cervo, José Antonio Zan, anunciou este martes a convocatoria dunha marcha nocturna o sábado na poboación lucense de Xove

Tras o "éxito" da a caravana de coches en Viveiro a pasada fin de semana, os traballadores de Alcoa seguen con mobilizacións e farano en Xove, nunha "marcha nocturna" á que invitan "a todo o que queira sumarse, desde o campo de fútbol ata o Concello". 

"Nesta marcha pedímoslle aos veciños de Xove que apaguen as luces, e os da rúa principal e a rúa que dá ao Concello que prendan cirios ou velas nas fiestras para que se visualice que está todo ás escuras e véxanse as luces dos traballadores cando cheguen", concretou, á vez que solta que "creo que vai ser unha protesta moi vistosa", explicou. 

Despois de que o Tribunal Supremo tombase o Ere que expuña a multinacional, Zan volveuse queixar de "non ter noticias" do Goberno, de non "dar signos de vida e levan así máis dun mes". 

"Pola nosa banda estamos cansados de moi boas palabras e ningún bo feito. Non temos un papel escrito por parte do Ministerio (de Industria) nestes nove meses, nin nada asinado por parte deles (do goberno)", afeou. 

Ademais, o presidente do comité de empresa advertiu de que "hai ofertas" para facerse coa planta de San Cibrao, e insistiu unha vez máis en que o "problema" radica na Sepi. "Vese que o Ministerio de Industria non ve ben ter industria neste país e a Sepi non fai a operación porque non quere facer ese traballo", censurou. 

Zan comentou que hai ofertas "de catro empresas solventes, e que queren facer esa operación". "Son empresas que estarían encantadas si o goberno participase cun tanto por cento do accionariado, empresas que tamén queren que se lles garanta un marco enerxético e unha continuidade de futuro", sentenciou. 

Comentarios