O comité cre que Alcoa deixará de facturar máis de 150 millóns pola folga

Zan sinalou que de momento non se puxo ninguén" en contacto coa representación laboral
José Antonio Zan. J.Mª ALVEZ (AEP)
photo_camera José Antonio Zan atende aos medios durante unha protesta dos traballadores de Alcoa. J.Mª ALVEZ (AEP)

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, calculou que a multinacional americana deixará de facturar a finais deste ano 2020 "máis de 150 millóns de euros" no marco da folga indefinida do persoal. 

Estas non "ganancias" son consecuencia do paro que vai para mes e medio (empezou o 4 de outubro) e que se manterá incluso máis aló do 3 de decembro, que é cando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fixou o xuízo sobre o expediente de regulación de emprego (Ere) a 524 traballadores. 

Zan sinalou que "de momento non se puxo ninguén" en contacto coa representación laboral, "nin empresa, nin tampouco o Goberno" central. 

O sindicalista de Comisións Obreiras puxo o acento na "repercusión" que está a ter o paro "nas contas" da empresa por non dar saída "ao material que está dentro da planta". 

Así, cifra en 50 millóns de euros o que se deixaría de ingresar cada mes, que a final de ano poderíanse traducir en "máis de 150" millóns de euros. 

"Ese é diñeiro que non se factura. Nós temos que seguir producindo, non se produce aluminio para vender, só producimos para que non se paren as cubas e polo tanto a actividade", recordou.

Comentarios