O comité avisa de que o proceso será “duro” porque “Alcoa non quere vender”

José Antonio Zan quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade “” ao persoal do complexo industrial
José Antonio Zan atiende a los medios tras el encuentro mantenido con la dirección de Alcoa en la mañana de este miércoles. L.F.B. (2)
photo_camera José Antonio Zan. L.F.B.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, recoñeceu este martes que o proceso de negociación para a venda da fábrica mariñá será “duro”, porque “Alcoa non está interesada en vender” e só accedeu a iniciar conversacións pola “mobilización social”.

“Todos sabemos que non vende a gusto”, dixo en declaracións á prensa Zan, senón pola “mobilización social” dos propios traballadores da fábrica, persoal que contou co apoio sen fisuras, apuntou, de toda a sociedade da Mariña.

En todo caso, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade ao persoal do complexo industrial e pediulles aos traballadores que se manteñan sosegados”, porque “é un proceso que vai durar seis semanas e que vai ser duro, porque a quen ten que vender hai que obrigala a chegar ata aí”.

A venda, en todo caso, debe contar, puntualizou, co apoio inequívoco do Goberno de España e da Xunta de Galicia, cun plan industrial e un marco enerxético que permitan que a operación chegue “a bo porto”.

Recordou que o comité só busca unha “saída” para evitar a perda dos postos de traballo e manter a produción na fábrica mariñá

“Alcoa non está interesada en vender. Apréciase en cada unha das súas cartas e intervencións, nas que emprega un ton cada vez máis severo e contrario á venda”, esgrimiu Zan, ata o punto de pór “en dúbida” a existencia dun plan industrial por parte de Liberty House.

Recordou que o comité só busca unha “saída” para evitar a perda dos postos de traballo e manter a produción na fábrica mariñá, e “se Alcoa non pode proporcionala, ten que ser outro”.

Nese sentido, volveu a pedirlle á empresa que “non poña trabas”, porque a propia multinacional pode verse “moito máis comprometida” se se segue enquistando” o proceso de venda.

En todo caso, para facilitar todo o proceso, Zan considera “indispensable” que o Goberno declare “estratéxica” a produción de Alcoa, como xa o fixo durante o estado de alarma ao considerar a actividade na fábrica como un servizo “esencial, para evitar “que se poidan parar as cubas” e que “unha multinacional, por estratexia, decida pechar a factoría”.

O complexo industrial de San Cibrao, asentado entre os municipios mariñáns de Xove e Cervo, está composto por unha fábrica de aluminio e unha planta de alúmina, que empregan a 633 e 510 persoas

En canto á visita dos responsables de Liberty House a San Cibrao, desvelou que se vai a atrasar porque “aínda non se pechou a primeira fase das negociacións para cimentar o proceso de venda”.

O complexo industrial de San Cibrao, asentado entre os municipios mariñáns de Xove e Cervo, está composto por unha fábrica de aluminio e unha planta de alúmina, que empregan a 633 e 510 persoas, respectivamente, e o seu peso na economía local é de tal envergadura que representa un terzo do produto interior bruto da provincia de Lugo. 

Comentarios