O comité de Alcoa ve agora máis posibilidades para a venda da planta de San Cibrao 

Asegura que a empresa, que o xoves anunciou o inicio das negociacións coa Sepi, "esta vez si fixo algo distinto"
undefined
photo_camera Vista da planta de Alcoa en San Cibrao. JOSÉ Mª ÁLVEZ (ARQUIVO)

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, ve "agora" máis posibilidades de que se venda a planta, despois de que a multinacional emitise un comunicado este xoves no que anuncia o inicio das negociacións coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi) 

Así, este venres Zan celebrou que a empresa "esta vez si que fixo algo distinto", o cal vinculou co acordo alcanzado cos traballadores e unha xunta de accionistas posterior na que se comunicou "que se abría a negociar a vender á Sepi a fábrica de aluminio". "Cuestión que non se fixo ata agora", engadiu. 

"Ata agora, falaban da boa fe de Alcoa, de que ían seguir os procesos xudiciais e de que se ía a pechar o proceso, co cal agora hai máis posibilidades de que se venda", valorou o presidente do comité. 

En canto á reunión "multilateral" que propón Alcoa, Zan concretou que "hai unha cláusula" no acordo que establece que as partes se deben reunir "para ver os pormenores e avances de cada negociación", tal e como se fixo este xoves. 

"A mesa multilateral é importante porque así nós seguiremos o proceso e o máis importante é que ese proceso se ratifique vía acordos. Nós o que necesitamos son documentos asinados e unha venda efectiva, despois que nos convoquen a unha reunión ou a 25 é o de menos", sinalou. 

Comentarios