martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

O comité de Alcoa recibe cunha "alegría inmensa" o fallo do Supremo que anula o Ere

Trabajadores de Alcoa celebran la nulidad del Ere. JM ÁLVEZ
Imagen de archivo de los trabajadores de Alcoa celebrando la anterior nulidad del Ere. JM ÁLVEZ
Ve probado que a empresa "actuou sempre de mala fe" e esixe ao Goberno que interveña definitivamente para lograr a venda da fábrica
 

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao recibía a media mañá deste xoves unha comunicación do Tribunal Supremo que adiantaba a nulidade do Ere para 524 traballadores da planta de Aluminio e a noticia causou unha explosión de xúbilo na fábrica.

"é unha alegría inmensa", dicía o presidente do comité, José Antonio Zan, quen doutra banda apelaba á cautela porque aínda non se coñece o contido completo do fallo.

Ver máis: O Tribunal Supremo declara nulo o Ere de Alcoa na planta de San Cibrao

"É un día de recoñecemento, recoñécese que tiñamos razón. é triste ter que levar 17 meses sufrindo un Ere que era inxusto", engade Zan, quen considera que a postura do Supremo ratifica que "Alcoa desde un primeiro momento actuou de mala fe, quixo enganar aos traballadores, e coa situación actual tería que irse de España".

Un mes despois de que se renovase a folga indefinida na fábrica en resposta a strong<> a ruptura do proceso de venda e sen que desde entón os traballadores tivesen ningunha noticia do Goberno, o comité esixe agora ao Executivo central que actúe, "que meta á Sepi (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) dunha vez na operación e teñamos viabilidade e futuro", di Zan.

triste que o Goberno non se poña do noso lado", lamenta.

O comité de Alcoa recibe cunha "alegría inmensa" o fallo do Supremo...
comentarios