domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

O comité de Alcoa en San Cibrao encherá a comarca de lazos azul eléctrico

Integrantes do comité de Alcoa, na presentación da iniciativa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Integrantes do comité de Alcoa, na presentación da iniciativa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Inicia este venres en Xove esta nova acción reivindicativa, que seguirá despois polo resto de municipios mariñáns

A nova acción reivindicativa do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao consiste en encher a comarca de lazos de cor azul eléctrico en carteis acompañados da lema Salvemos a industria electrointensiva. Empezarán a repartilos este venres nos establecementos comerciais de Xove e seguirán nas seguintes semanas polo resto de municipios mariñáns.

"Queremos visualizar que temos un problema e que aínda non temos unha solución", explicou en rolda de prensa o presidente do comité, José Antonio Zan, que avanza que tamén porán os distintivos en zonas "vistosas" e que repartirán bandeiras e pins en cada un dos lugares aos que vaian. Previsiblemente logo de Xove estarán&en nbsp;Cervo, o outro municipio máis directamente afectado.

O obxectivo é visibilizar o seu problema e recordar que aínda non hai ningunha solución

O portavoz da CIG Xosé Paleo recordou que o problema do elevado prezo eléctrico "segue aí", que a solución é "un estatuto coas medidas necesarias" para establecer un prezo eléctrico competitivo e que este documento debe obrigar ás empresas a manter a actividade e o emprego.

Jorge Fernández de UXT espera que esta iniciativa do comité de San Cibrao se estenda a toda a industria electrointensiva e que en todo o país estes lazos azuis axuden a visibilizar o problema que compromete miles de empregos.

O comité de Alcoa en San Cibrao encherá a comarca de lazos azul...
Comentarios