O comité de Alcoa en Cervo cualifica de "nefasta" a última poxa eléctrica

A compañía só foi capaz de conseguir na poxa enerxía por un "valor un 40% inferior" ao obtido en anos anteriores

Xosé Paleo, presidente del comité de empresa de Alcoa en San Cibrao. AEP
photo_camera Xosé Paleo, presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao. AEP

O presidente do comité de empresa da fábrica que Alcoa ten no municipio lucense de Cervo, Xosé Paleo, cualificou de "nefasta" a última poxa de enerxía eléctrica para o "futuro" desta e das outras factorías da multinacional. Así, indicou que a compañía só foi capaz de conseguir enerxía por un "valor un 40% inferior" ao obtido nos anos anteriores, o cal é unha mala noticia para as perspectivas de futuro das fábricas de aluminio, cuxa conta de resultados depende en gran medida do prezo da subministración de electricidade.

"Se as fábricas de Avilés, A Coruña e Cervo daban perdas cun 40% máis de valor, pódesche imaxinar cales van ser os resultados e cal vai ser o futuro cun 40% menos", lamentouse Paleo.

Por outra banda, anunciou que os traballadores da planta de Cervo acordaron secundar a folga prevista para o vindeiro mércores nas outras dúas plantas de Alcoa, para instar o Goberno a desenvolver o real decreto que regulará o estatuto das empresas electrointensivas. 

Comentarios