Comisado un BMW nun control en Burela ao comprobar polo bastidor o seu roubo en Alemaña

O caso foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro 
Guardia Civil. EP
photo_camera Garda Civil. EP

A Garda Civil comisou un vehículo de alta gama en Burela tras comprobar nun control que podería ser roubado en Alemaña. O coche ten matrícula recente española e fora comprado con procedencia alemá.

Os axentes, ao proceder á identificación e revisar o número de bastidor, descubriron que consta "un señalamiento en vigor por subtracción dimanante en Alemaña", é dicir, aparece na base de datos internacional como subtraído nese país.

O turismo foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro para iniciar o proceso e comprobar se o condutor coñecía o historial do vehículo ou foi vítima de quen llo vendeu.

DETIDO NA Pontenova. Por outra banda, a Garda Civil detivo na Pontenova a un veciño desta localidade, de 25 anos, sobre o cal consta unha reclamación xudicial en vigor procedente de Moldavia. O mozo foi posto a disposición xudicial.

Comentarios