miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

Os comerciantes do centro de Viveiro lanzan a súa campaña do Día do Pai

O Roq Park de San Roque. AMA
O Roq Park de San Roque. AMA
Sortean 20 entradas dobres para o Roq Park de San Roque 

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro porá en marcha a partir deste luns 9 de marzo a súa campaña do Día do Pai. Os comerciantes queren premiar a "fidelidade" dos clientes cun sorteo de entradas para pais e fillos para o parque de aventura Roq Park en San Roque

En total sortearanse 20 pases dobres para este parque de aventura en plena natureza e nun entorno inigualable. Os menores deberán cumprir unha altura mímina de 1,10 metros. 

As entradas poderanse desfrutar as fins de semana de abril a xuño previa comunicación ao número de teléfono indicado pola organización no momento de recoller o premio. Os interesados poderán participar depositando un tique de compra de mínimo 20 euros nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados á CCHV. Tamén cabe a posibilidade de acumular de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20 euros requiridos. 

Os tiques serán válidos polas compras realizadas desde o luns 9 de marzo ata o mércores 18 de marzo e o sorteo realizarase o venres 20 ás 16.00 horas nas oficinas da asociación. Os gañadores serán informados de inmediato e, en caso de renuncia ao premio, procederase á extracción dun novo tique ata que apareza o gañador. 

As bases da campaña e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

Os comerciantes do centro de Viveiro lanzan a súa campaña do Día do...
comentarios