O colexio do Vicedo defende a entrada marcada para os alumnos

O claustro sostén que o protocolo impide aos pais entrar ao centro polo que "é lóxico" que os alumnos esperen a que toque a sirena
Colegio de O Vicedo. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Colexio do Vicedo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O colexio de O Vicedo emitiu este venres un comunicado no que defende a entrada habilitada para os 35 alumnos non transportados do centro e que esta semana suscitara as críticas dalgúns pais por atoparse nunha estrada no exterior do recinto escolar.

"Esa entrada é a normal de acceso ao centro dende hai máis de dez anos e ninguén puxo ningunha obxección ata o de agora", explican e subliñan que unicamente dá acceso a unha vivenda. "A outra entrada é para vos alumnos transportados, xa que é a única onde pode acceder o autobús sen manobrar", matizan.

"As raias pintadas no chan puxoas a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do centro previa consulta coa dirección e co Concello do Vicedo co fin de delimitar as zonas de espera dos alumnos por cursos para manter os grupos burbulla", aseguran.

Neste sentido, recalcan que o protocolo do covid-19 para os centros de ensino non universitarios, "salvo por razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos", non permite a entrada dos pais ao centro educativo, "polo tanto é lóxico que os alumnos esperen coas súas familias a que soe a sirena dado que estamos falando dun número moi baixo de alumnado, non producíndose aglomeracións respectar os horarios fixados".

Desde a dirección do colexio tamén aseguran que nin eles nin a Anpa recibiron ningunha queixa respecto desta entrada e subliñan que o pasado martes houbo un consello escolar, "non que os representantes das nais e pais non manifestaron nada en relación con este tema como así consta na acta de dito consello".

Ademais, quixeron subliñar que a dirección da Anpa transmitíralles que non tiña nada que ver coas queixas.