A confraría de Burela ve a campaña de Nadal "un pouco mellor" do esperado 

"En canto aos prezos non podemos queixarnos", asegura Basilio Otero
RULA DE SANTIAGUIÑOS EN LA VENTA DE MARISCO DE LA LONJA DE BURELA- FOTO JM ALVEZ
photo_camera Lonxa de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O titular da confraría de pescadores de Burela e tamén presidente a nivel nacional, Basilio Otero, asegurou que a campaña de Nadal "foi un pouco mellor" do que se esperaba a pesar da incerteza da pandemia. 

Otero constata esa "lixeira melloría", que non só se produciu en canto a capturas senón tamén en canto aos prezos a abonar polo peixe na lonxa. Dous aspectos que preocupaban ao sector e que finalmente foron mellor do que se prevía. 

Do peixe, a pescada "non alcanzou os prezos doutros anos" pero si que o volume de negocio disparouse na venda de marisco, pagándose a máis "de 50 euros" a nécora ou a centola. 

"En canto aos prezos non podemos queixarnos", manifestou Basilio Otero, que tamén acreditou como algún outro marisco chega a ter prezos superiores aos cen euros. 

Das capturas, destacou que "houbo bo tempo" o que favoreceu un maior número de peixe e marisco. "Non houbo mar de fondo", o que axudou á pesca nestes días previos ás festas de Nadal, celebrou. 

Comentarios