A cociña estranxeira conquista A Mariña

Desde hai uns anos xurdiron varios locais na comarca que ofrecen comida doutros países e que están a ter moi boa acollida, algo que podería animar a outros a abrirse mercado e converter a gastronomía mariñá nun crisol de sabores. 
MEXIDELI
photo_camera Emilio Prado y Ileana Rodríguez. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Aos poucos, con tento, a cociña internacional vaise instalando na Mariña lucense con strong <>distinto tipo de negocios. Desde cafeterías a restaurantes ou takes away xurdiron propostas en distintos municipios para dar un toque de cosmopolitismo < strong>gastronomía

Hai un denominador común en todos eles: vailles ben e están satisfeitos. Iso denota que os mariñáns tiñan ganas de probar comidas chegadas doutras latitudes con strong <>sabores e texturas diferentes coas que tamén introducirse noutras culturas e costumes. Algúns exemplos desta expansión culinaria son as propostas de comida mexicana, venezolana ou indonesia.

E hai moitas probabilidades de que estes locais sexan a punta do iceberg, porque a boa acollida que tiveron pode animar a outros a abrir negocios que contribúan a internacionalizar a gastronomía mariñá en distintos puntos.

Foz, a opción é a cociña mexicana

Un dos negocios que abriu as súas portas hai pouco é Mexidel, en Foz, Trátase dun take away, un lugar de comida para levar mexicana. Comezou nos seus inicios, fai un par de anos, como unha tenda de artesanía do país centroamericano, "pero o ano pasado fixemos varios eventos gastronómicos que nos saíron ben e decidimos montar un sitio onde poder gozar da gastronomía mexicana", explica Emilio Prado, mexicano, e que está casado coa madrileña Ileana Rodríguez, xunto á que rexenta o negocio.

Recoñece Prado que "tivo éxito o lugar, porque empezamos facendo ceas degustación que tiveron unha gran aceptación e, por iso, agora ofrecemos comida para levar", sinala. "Non pensamos montar un restaurante, porque a maxia do sitio é o trato directo co cliente, onde lles explicamos os alimentos que leva cada produto", advirte.

Entre os produtos que máis saída teñen están os tacos, que tamén adaptaron aos produtos locais facéndoos con polbo ou zamburiñas, pero tamén os nachos ou incluso hai pizza mexicana. "O que máis chama a atención é o especiada que está a comida mexicana con respecto á de aquí, e utilizamos materia de primeira de primeira calidade", subliña.

Tanto Prado como a súa muller son os que cociñan e advirten aos que teñen medo ao picante. "A comida mexicana non é picante, son picantes as salsas, pero temos salsas de diferentes graos de picante, aínda que a xente logo cando proba o picante adóitalle  gustar", di. 

Unha das peculiaridades que chama a atención de Prado "non é só que vén xente nova, senón tamén xente maior, nenos que van ao colexio cos meus fillos e que traen aos seus pais e encántalles", di. Para poder pedir comida en Mexidel pódeno facer a través da súa conta de Instagram, da súa páxina web mexideli.es ou nos teléfonos 683.269.093 ou 646.903.173.

_OE_4725
Andrés Enrique Mejías. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Burela ofrece propostas venezolanas

En Burela, desde principios de ano, abriu a cafetería As nosas Raíces, que rexenta o venezolano Andrés Enrique, que aínda que suramericano de nacemento leva xa vinte anos vivindo en Galicia, aínda que só tres na Costa de Lugo. "Vinme a vivir á zona hai tres anos, antes vivín en Ourense, e vin a oportunidade de coller este negocio e fíxeno", sinala. "Estou moi contento, tivo moi boa acollida tanto en Burela como doutra xente da Mariña que se achega aquí", sinala. 

E é que o cosmopolitismo que se vive en Burela favorece o que poida ter éxito un lugar destas características. "O que máis saída ten son as arepas e tamén o tequeños", comenta. "Pídenmo moito, porque a xente ten ganas de probar cousas novas", explica Mejías, que afirma que vai tanto xente local como doutras nacionalidades, como peruanos, indonesios ou caboverdianos.

As nosas Raíces ten horario comercial, desde as oito e media á unha e media e pola tarde de catro e media a oito e media. Mejías recoñece que el é especialista en café "porque son barista", asegura. "Estou moi contento e moita xente vén polo café", recoñece este hostaleiro, que traballa cunha materia prima que lle fornece Distribucións Carreiras, da marca Pascual, e que non descarta nun futuro "traer café da miña terra", di.

Respecto da arepas ou os tequeños sinala que llo piden "tanto nos almorzos como nas merendas" e advirte que cando máis xente ten na cafetería é "á primeira hora da mañá, tamén a media mañá e pola tarde. A cafetería está moi ben situada e iso é moi importante", indica.

Rany Kiyai, dona e cociñeira do restaurante indonesio de Viveiro. O seu negocio, o Indostar, esta situado na avenida vivariense Navia Garcia Castrillon
Rany Kinyai. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Viveiro, o sabor de Asia

En Viveiro está aberto desde fai algo máis dun ano o Warung Indostar, que rexenta Rany Kinyai, que leva en España máis de 15 anos. Primeiro estivo en Madrid e a Viveiro chegou no ano 2023. "Estou moi contenta e a miña intención é, despois do verán, abrir unha tenda de produtos asiáticos, porque á xente encántalle este tipo de comida e algunha vez dixéronme que tiveron que comprar os produtos na Coruña para cociñar en casa e por iso teño a intención de abrilo", explica a empresaria indonesia.

O que máis saída ten no restaurante da cidade do Landro, segundo Rany Kinyai, son os rolos de primavera, os tallarines fritos e o arroz frito. "Tamén o rendang, que é o típico guiso de tenreira", comenta. Segundo Kinyai, ao local achégase "moita xente local que lle gusta moito este tipo de comida, aínda que tamén veñen indonesios" debido ao gran número de mariñeiros desta nacionalidade que traballan nos portos de Celeiro e Burela.

No Warung Indostar traballan con carta. "Cando máis traballamos é no verán, e os fins de semana, e máis á hora da cea que da comida", explica a dona, que está na cociña xunto aos seus empregados.

Sobre a súa chegada a Viveiro, Kinyai, que en Indonesia se dedicaba á venda de produtos, asegura que "a xente é moi amable e respecta moito". Ademais, subliña que prefire a vida en Viveiro a en Madrid "porque eu vingo dun pobo de Indonesia con mar e gústame moito o"mar , asegura. 

A experiencia en Viveiro está a ser tan satisfactoria que Kinyai non dubida en asegurar que xa se está expondo abrir un segundo restaurante en Vigo "porque hai moita xente alí, pero ata o momento non atopei o local adecuado".    

Comentarios