O club de Ribadeo logra tres medallas na Copa Primavera

Antón Balsa e Irene García foron ouro e a parella Lara-Montserín subiu ao segundo chanzo do podio
La expedición ribadense, en Castrelo de Miño. AEP
photo_camera A expedición ribadense, en Castrelo de Miño. AEP

O Club de Remo de Ribadeo brillou en Cópaa Primavera, a primeira competición celebrada a nivel nacional nas categorías de alevíns e infantís desde o comezo da pandemia, en marzo de 2020. O campionato tivo lugar na localidade ourensá de Castrelo do Miño. Tamén se celebrou, de forma paralela, a duodécima edición da regata nacional de para-remo.

Os ribadenses, que ocuparon unha gran sétima praza na clasificación por clubs, sendo o cuarto mellor galego na cita, cultivaron dúas medallas de ouro e unha de prata, ademais de meter a outros deportistas en postos de honra. Antón Balsa, en skiff alevín masculino e Irene García en skiff infantil feminino conseguiron imporse nas súas respectivas probas, mentres que a parella formada por Conrado Lara e Mateo Monteserín conquistou a medalla de prata no dobre scull infantil masculino.

Moi preto das medallas concluíu Alejandro Barreira no skiff masculino infantil, ocupando a cuarta posición na final A.

A participación ribadense na cita completárona Javier Alonso, Martín Felipe, Valeria Álvarez e Iñaki Vila, que tamén callaron boas actuacións.

REMEIROS DO EO. O club veigueño Remeiros do Eo tamén tomou parte na cita, destacando as medallas de prata de Uma Córdoba e Natalia Edrosa no dobre scull infantil feminino; Laura González, en skiff infantil feminino. , e Gonzalo Pérez na categoría de para-remo do dobre mixto. Manuel Rodríguez, no skiff veterano e o catro scull cadete quedaron ás portas das medallas. Ademais das preseas individuais, o Club de Remeiros do Eo terminou na decimoséptima praza por equipos.

CASTROPOL. Unha medalla de ouro a cargo do cuarteto alevín feminino e unha de bronce para a tripulación infantil feminina fueeron os mellores resultados. do Club de Mar de Castropol, que tamén acudiu á cita cun bo número de representantes e conseguindo varios postos de finalista.

Grazas aos metais conseguidos, o Club do Mar ocupou a duodécima praza por equipos entre os 22 participantes.

Comentarios