Cines Viveiro atrasará a súa reapertura para facelo nas mellores condicións

Traballa no lanzamento dunha plataforma para ofrecer entradas anticipadas a 3 euros
Una proyección en Cines Viveiro. AMA
photo_camera Unha proxección en Cines Viveiro. AMA

A empresa Proyectfilm, que xestiona Cines Viveiro, decidiu "non proceder á apertura" das salas da cidade do Landro o 25 de maio, data programada polas autoridades para a reapertura con restricións deste tipo de instalacións. "Consideramos que non se cumpren aínda as condicións e garantías mínimas que a nosa responsabilidade nos esixe", di nun comunicado a empresa, que espera anunciar a volta á actividade "durante o mes de xuño".

A empresa asegura que todo o seu esforzo e traballo enfócase non cara á reapertura, senón en avaliar "e redeseñar protocolos de atención ao público orientándoos a minimizar calquera tipo de risco sanitario", pois recalcan que a súa prioridade é o benestar dos clientes.

Doutra banda avanzan que están a traballar no lanzamento da plataforma www.niuncinemenos.com a que ofertarán entradas de cine anticipadas a 3 euros, co obxectivo de facilitar "o regreso do público ás salas e impulsar aos distintos exhibidores que cada día se incorporan á plataforma".

Ademais, aínda que esperan poder anunciar en xuño a súa volta á actividade, matizan que iso estará condicionado á programación de estreas por parte das diferentes distribuidoras, xa que "actualmente non hai contido programado a curto prazo".

Máis en A Mariña
Comentarios