Cincuenta voluntarias cosen 3.000 máscaras en Burela

O Concello encárgase da repartición a empresas e comercios abertos
Una costurera voluntaria. AMA
photo_camera Unha costurera voluntaria. AMA

Burela logrou chegar ás 3.000 máscaras no taller de confección creado coa colaboración de medio centenar de voluntarias, que coseron nas súas casas as proteccións e que o Concello repartiu entre diferentes empresas e comercios abertos durante estes días.

Tendas de alimentación, farmacias, talleres, gasolineira, estancos e o porto son os lugares onde se entregaron as máscaras, “feitas con material doado por empresas e particulares nun sesenta por cento, aos que agradecemos a súa achega, e nun corenta polo”Concello , explica Carmela López, a edil de servizos sociais, departamento encargado da coordinación do movemento popular de fabricación de máscaras caseiras e da súa repartición.

Non foron as únicas doazóns que se levaron a cabo, pois “dende o Concello interesámonos polo material de que dispoñían as empresas e organismos que máis o precisaban, e seguímolo facendo, doando todo o que está nas nosas mans, tanto do material adquirido polo Concello como do que imos recibindo da Xunta a través das peticións cursadas á Fegamp”, conta a concelleira socialista, quen subliña a compra “nos negocios de Burela” de material como mergulladores, calzas, cubrecabezas, luvas, máscaras, xel antiséptico, lentes protectoras, delantales de plástico, bolsas ou láminas de acetato.

O Hospital da Mariña foi en primeiro en recibir parte desas doazóns “por se chegaba o momento de ter que utilizado”, pero tamén se cedeu parte á funeraria, Garda Civil, notaría, empresas de limpeza, Cáritas ou o centro San Aníbal.

A estas dúas últimas entidades deriváronse as doazóns de alimentos que se recibiron “porque serían o noso punto de distribución como banco de alimentos a nivel local”, afirma López, concienciada tamén cos máis desfavorecidos “e estamos a traballar para dar cobertura a todas as situacións de emerxencia social que se produzan”.

Comentarios