miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

O Cidade evita o triunfo local en Viveiro

Un momento da proba, en Viveiro.PALEO
Un momento da proba, en Viveiro.PALEO
O club lucense imponse ao Urban na regata da liga provincial. O Altruán, terceiro

O Cidade de Lugo foi o triunfador da regata da liga provincial de piragüismo en Viveiro, con 2.186 puntos, por diante do club anfitrión, CP Viveiro Hotel Urban (1.518). O podio completouno o Altruán (1.213).

En k-1, en prebenjamines masculinos impúxose Aritz Núñez, do San Ciprián, por diante de Daniel Mera, do Cidade, e Pablo Romero, do Urban. En mozas gañou Estrela Buide por diante de Leire López, ambas do Cidade de Lugo.

O gañador benjamín foi o local José Oca, do Urban, por diante de Martín Feijóo, do Altruán, e Fabio Costoya, do Cidade, mentres que en mozas houbo triplete do Cidade con Claudia Morán, Irene Rodríguez e Ángela Abel.

O primeiro alevín B foi Íker Riveira, do Urban, por diante de Álex Santor, do Kaiak, e Antón Buide, do Cidade. Elena González, do Altruán, foi a gañadora feminina, seguida de Carmen Vázquez e Lea Oca, do Urban.

En alevíns A dominou Yaroslav Alforov, do Cidade de Lugo, sendo escoltado no podio por Iván García Cotarelo, do Altruán, e Anxo Fara, do Urban Viveiro.

O alevín A máis rápida foi Cornelia Lourido, do Cidade, seguida por Alba González, do Altruán, e Alba Fernández, do Kaiak.

Primeiro e segundo posto para o Cidade en infantís A, con Víctor Devesa e Daniel Fernández. A terceira praza foi para Pablo Míguez, do San Ciprián. En mozas, Andrea Rodríguez, do Altruán, superou ás padeeiras do Fluvial Aleksandra Alforova e Sara Rodríguez.

En infantís B gañou Mario Costoya, do Cidade, superando a David Alonso, do Kaiak Foz, e Denis Castro, do Cidade. En mozas, triplete do Cidade, con Sara Abel, Silvia Basanta e Nerea Díaz.

Iago García, do Kaiak, gañou en cadetes, por diante de Lucas Sánchez, do Cidade, e Nicolás Gayol, do Altruán. En mozas Ángela Fernández e Lara Suárez, ambas do Altruán, foron primeira e segunda, por diante do local do Urban Ainhoa Riveiro. En C-1 gañou Hugo Romeu,do Urban.

En xuvenís femininos venceu Emma Devesa, do Cidade, por diante da súa compañeira Sofía Alonso. Paula Goas, do Urban, foi terceira. En mozos gañou Damián García, do Cidade.

GALEGO MÁSTER. Un do vos clubs participantes onte, o Altruán, tamén competiu con éxito no campionato galego de veteranos, en Verducido, con Vicente Acuña como principal protagonista, ao ser ouro individual en k-1 sobre 200 metros, en 50-54 anos, e bronce, xunto ao seu irmán Antonio, en k-2 na mesma distancia.

O Cidade evita o triunfo local en Viveiro
comentarios