Choca cunha árbore derrubada polo vento no Vicedo

El árbol caído sobre un coche en O Vicedo. EP
photo_camera A árbore caída sobre un coche no Vicedo. EP

O vento que desde a madrugada deste luns azouta con forza a comarca provocou ao fío da medianoite a caida dunha árbore sobre a LU-862, nunha zona de semicurva próxima ao depósito de madeira, á entrada de O Vicedo. Un vehículo que circulaba pola vía e que non viu a árbore que atrevesaba toda a estrada chocou contra o mesmo sufrindo considerables danos.

O condutor, de nacionalidade chinesa e que circulaba en dirección Ferrol, saíu ileso do contratempo, aínda que unha ambulancia do 061 trasladouno ao Hospital da Mariña, en Burela, para efectuarlle un recoñecemento.

A estrada estivo cortada unhas dúas horas ata que foi posible completar a retirada do eucalipto que atravesaba toda a vía.