martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

Unha chaqueta de Alcoa para arrincar a lexislatura galega

Daniel Castro coa chaqueta, na marxe superior da imaxe. M.G.P
Daniel Castro coa chaqueta, na marxe superior da imaxe. M.G.P
Daniel Castro, o deputado máis novo da historia do Hórreo, estreouse mostrando o seu apoio aos traballadores da aluminera
O ribadense Daniel Castro, o deputado máis novo da historia do Hórreo, estreouse este venres como deputado no Parlamento galego exercendo tamén como secretario da Mesa de Idade e para iso ataviouse cunha chaqueta da empresa Alcoa en sinal de apoio aos traballadores da planta lucense.

Daniel Castro, que accede ao Parlamento como número dous do BNG por Lugo, nacido en 1996 e estudante de strong <>Filoloxía Galega na USC, foi o encargado de chamar á votación aos 75 parlamentarios para a elección dos membros do órgano reitor do Parlamento autonómico.

Coa súa vestimenta quixo expresar o seu respaldo á principal empresa da comarca lucense.

Unha parte dos seus traballadores concentrouse esta mañá en Compostelacon motivo da sesión constitutiva da Cámara, para recordar aos deputados “que o primeiro que teñen que facer aquí dentro é arranxar o problema da Mariña, como se comprometeron a facer todos en campaña”. 

Unha chaqueta de Alcoa para arrincar a lexislatura galega
comentarios