San Cibrao espera que Alcoa manteña o programa de baixas incentivadas na factoría

O presidente do comité, Xosé Paleo, spera que esas prazas que quedaron "vacantes" se cubran agora con contratos "fixos"
Vista de las instalaciones de la fábrica de aluminio de la empresa Alcoa en San Cibrao. ELISEO TRIGO (EFE)
photo_camera Vista das instalacións da fábrica de aluminio da empresa Alcoa en San Cibrao. ELISEO TRIGO (EFE)

Unha vez que se formalizou a venda das plantas de Avilés e A Coruña, o comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten no municipio lucense de Cervo espera que a compañía manteña o programa de baixas incentivadas neste centro de traballo para facilitar a incorporación, como persoal fixo, de traballadores que están nestes momentos con contratos temporais.

En declaracións a Efe, o presidente do comité, Xosé Paleo, recordou que o persoal de Cervo mostrou no seu momento a súa "solidariedade" cos compañeiros da Coruña e Avilés, para reincorporar ao traballo na factoría da Mariña a algúns deses empregados que quedarían sen traballo co peche de ambas as plantas.

Alcoa puxo en marcha un plan de baixas incentivadas para facerlles sitio a eses traballadores, dixo Paleo, ao que se acolleron "unhas trinta persoas". Por iso, o comité espera que agora Alcoa tamén faga gala desa "solidariedade" con aqueles empregados que están a traballar na planta de Cervo mediante contratos temporais ou a través de empresas auxiliares, "que é outra das portas de entrada" para formar parte do persoal da multinacional.

Espera que esas prazas que quedaron "vacantes" se cubran agora con contratos "fixos". Por outra banda, Paleo reiterou a preocupación dos traballadores da fábrica de Cervo porque o problema de fondo que afecta ás empresas electrointensivas "non se solucionou" e probablemente "non se solucionará mentres non haxa Goberno".

Está pendente a aprobación do estatuto que regulará o funcionamento das empresas electrointensivas, unha normativa que, ao seu xuízo, ten que fixar un prezo "competitivo" para a enerxía, "para competir en igualdade con países como Francia".

Comentarios