
Máis de mil persoas asistirán o próximo 8 de febreiro á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, Andrea García Mondelo, na sala Bahía.
"Este acto cada vez vai a máis", explicou o concelleiro de cultura e festas focense, Héctor Morredes, "o ano pasado vos asistentes chegaron a preto de mil e este ano imos superar esta cifra". Como xa vén sendo habitual na retirada de cartóns para poder acudir á cita, que este ano se fixo este martes en horario de tarde na casa da cultura, este martes volveron a rexistrarse colas desde primeira hora da mañá para facerse cun dos pases e algunhas persoas esperaron ata seis horas.
"Houbo colas, polo
Morredes confirmou que a afluencia de xente obrigará, de novo, a aumentar o espazo dispoñible para poder albergar a todos os comensais: "Estamos estudando como sería necesario organizar o espazo e mirando o plan de seguridade para ver en cantos metros é preciso ampliar a carpa para albergar a todos os asistentes" para garantir a seguridade e o confort dos participantes.