miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

CCA Burela regalou viaxes ao Caribe e Canarias entre os seus clientes da campaña de Nadal

A gañadora da viaxe ao Caribe, Cristina Cayón, co presidente do CCA, Miguel Flórez (esquerda) e o presentador da gala, Raúl Torres. AMA
A gañadora da viaxe ao Caribe, Cristina Cayón, co presidente do CCA, Miguel Flórez (esquerda) e o presentador da gala, Raúl Torres. AMA
Os comerciantes repartiron máis de mil racións de roscón na véspera de Reis

Os comerciantes asociados a Casco Comercial Aberto (CCA) de Burela repartiron máis de mil racións de roscón, na véspera de Reyes, nas que esconderon máis de setenta premios, que levaron outras tantas persoas en forma de vales de compra, premios directos e variados artigos, doados polos comercios e os locais de hostalería asociados á entidade.

Foi unha noite na que se conseguiu abarrotar a carpa e onde a traca final foi o sorteo de tres viaxes: un fin de semana nun balneario, que lle correspondeu a Vicente Quiroga López, por unha compra realizada en paquetería fogar Corina; unha viaxe dunha semana a Canarias, que se foi para Carlos López Vidal, cunha papeleta de Caroa Moda e o gran premio, dunha viaxe dunha estancia ao Caribe, que levou Cristina Cayón Pardo, por compáraa realizadas en Gráficas Arfe.

A entidade tamén concedeu o Desexo Solidario á asociación Afan, de enfermos de alzhéimer e premiou a Leira Ecotenda como o mellor escaparate mellor decorado este Nadal, mentres que a Panadería Húcar levou o premio do público.

CCA Burela regalou viaxes ao Caribe e Canarias entre os seus...
comentarios