miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

CC OO proporá a Vestas que Viveiro se axuste á cadea de valor das renovables

Concentración de los trabajadores de Vestas. AMA
Concentración de los trabajadores de Vestas. AMA
A Deputación de Lugo aprobará por unanimidade unha declaración institucional en apoio aos trabjadores

O sindicato CC OO anuncia que aproveitará "o espazo de negociación que en breve se abrirá coa empresa" Vestas "para facerlle cambiar de opinión" con respecto ao anuncio de peche da planta de Viveiro, "tratará de involucrar ao conxunto das administracións". 

Consciente de que "o esforzo debe ser conxunto", a súa proposta inclúe "adaptar a planta a un sistema de negocio que se axuste á cadea de valor das enerxías renovables". 

CC OO de Industria defende o mantemento do emprego e da actividade en Vestas Viveiro e trata de impedir, segundo subliña, "que outra empresa do sector das enerxías renovables leve a produción fose do país". 

DIPUTACIÓN DE LUGO. A deputación de Lugo aprobará, no pleno do próximo martes, unha declaración institucional subscrita polas tres forzas con representación na corporación provincial –PSOE, BNG e PP– en apoio aos traballadores de Vestas. 

Tras a reunión da xunta de goberno, a portavoz socialista Pilar García Porto recordou que as "tres forzas políticas con representación" acordaron esta medida na xunta de portavoces convocada polo presidente provincial, José Tomé. 

A declaración, en apoio dos traballadores e as súas familias e que recoñece a necesidade destes postos de traballo "importantes para A Mariña", foi aprobada por unanimidade e elevarase ao pleno que terá lugar o vindeiro martes. 

Tras iso, García Porto asegurou que o PSOE esixirá e trasladará á Xunta a necesidade de que actúe xa. Así, recordou que o Estatuto de Autonomía de Galicia atribúelle as competencias en materia de industria. 

Neste sentido, incidiu en que "é importante" que o Goberno galego "poña encima da mesa, con axilidade, un plan de industrialización para A Mariña, onde se poidan ver prazos, no que se poidan ver accións claras para sacar o maior froito posible". 

Ademais, ao pleno do martes, avanzou que os socialistas levarán unha moción para recoñecer a necesidade de apoiar aos traballadores e ás familias. "Pero máis aló diso que quen ten a obrigación e ten a fórmula para poder facelo, o goberno galego, poña traballo encima da mesa e tratemos de paliar esta situación", finalizou. 

CC OO proporá a Vestas que Viveiro se axuste á cadea de valor das...
comentarios