CC.OO. foi o sindicato máis votado nas eleccións de Alcoa en San Cibrao

Obtivo 9 representantes, empatado coa CIG. UXT logrou 5
Votaciones en la fábrica en las elecciones sindicales de 2019. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AEP)
photo_camera Votacións no comedor da fábrica esta semana para elixir aos representantes do comité. JOSÉ Mª ÁLVEZ

As eleccións sindicais de Alcoa concluíron este venres e xa se coñece a repartición de representantes no novo comité, que serán 9 de CC.OO., outros 9 da CIG e 5 de UXT. No resultado global Comisións foi o sindicato máis votado, cun total de 351 apoios, por 335 de CIG e 228 de UXT.

O censo destas eleccións era de 1.145 traballadores e participaron 931, o 81,91%. No colexio de especialistas e non cualificados elixíanse 17 representantes, dos que 7 son de CC.OO. (con 277 votos), outros 7 da CIG (262 votos) e 3 de UXT (135 votos). Neste apartado houbo 6 votos brancos e 8 nulos.

En cambio no colexio de técnicos e administrativos foi UXT o sindicato máis votado, con 93 apoios fronte aos 74 de CC.OO. e os 73 da CIG, e cada un dos sindicatos obtén 2 representantes. Neste colexio houbo 1 voto en branco e 2 nulos.

A ausencia dunha maioría absoluta obrigará ás formacións a falar de apoios nos próximos días para a elección do novo presidente. Por CC.OO. concorría José Antonio Zan, pola CIG Xosé Paleo, que tiña o cargo ata o momento, e por UXT Jorge Fernández.

Comentarios