sábado. 19.10.2019 |
El tiempo
sábado. 19.10.2019
El tiempo

As Catedrais cubriu a súa cota de visitas durante 26 días seguidos de agosto

Visitantes nas Catedrais. AEP
Visitantes nas Catedrais. AEP
É o segundo monumento de Galicia máis visitado logo da catedral de Santiago e por diante de Illas Cíes

A praia das Catedrais volveu demostrar este verán o tirón que conserva, especialmente durante o mes de agosto. Segundo a web da Xunta na que se xestionan as visitas a este areal, a cota máxima de 4.812 visitantes diarios cubriuse durante 26 días de forma consecutiva, independentemente do horario de mareas ou do tempo reinante, dúas circunstancias que sempre condicionan as visitas a esta praia.

Isto implica que só durante eses días máis de 125.000 pasaron polas Catedrais, ás que hai que sumar varios miles máis que acudiron os cinco días restantes do mes de agosto. Tamén é necesario sumar os visitantes en xullo, un mes no que, con todo, descenderon algo con respecto a 2018.

Esta praia ribadense segue sendo o segundo monumento de Galicia máis visitado logo da catedral de Santiago e por diante de Illas Cíes.

As Catedrais cubriu a súa cota de visitas durante 26 días seguidos...
Comentarios