As Catedrais e Os Castros-As Illas reforzan a súa seguridade nun ano transcendental

O Concello recibiu a Q de calidade dos dous areais que certifica tamén o funcionamento do socorrismo
Playa de Os Castros, con As Illas al fondo. P. V. (AEP)
photo_camera Praia dos Castros, coas Illas ao fondo. P. V. (AEP)

As praias ribadenses de As Catedrais e o conxunto que forman Os Castros e As Illas recibiron un ano máis a Q de Calidade Turística como recoñecemento ao traballo que se realiza alí a nivel de coidado do medio ambiente así como de socorrismo nun ano crave ao tratarse de dous dos principais escaparates do municipio ribadense a nivel turístico. Co galardón o Concello tratará de ofrecer a maior seguridade posible aos visitantes para conseguir transmitir unha boa imaxe do municipio.

Este recoñecemento concédese cada tres anos e a renovación foi saudada polo concelleiro de medio ambiente, Jorge Díaz, como unha resposta "ao arduo traballo que hai que realizar" porque recordou que para conseguilo "hai que realizar varias auditorías e é un labor complexo durante moito tempo. Así que seguimos traballando e coa mesma liña destes últimos anos".

Jorge Díaz engadiu que "esta Q de Calidade se renova para as praias das Catedrais e Castros-Illas. Facemos unha valoración positiva porque indica que estamos nunha liña boa de traballo. Isto require un esforzo de persoal e de intendencia moi importante porque esixe uns requisitos diferentes aos doutros distintivos".

A obtención destes distintitos compleméntase coa bandeira azul, que tamén veñen obtendo de forma consecutiva estes areais desde hai xa varios anos.

DIFERENZAS.O que sucede cos Castros e As Illas é distinto. Trátase de areais de dimensións máis pequenas que a súa veciña, aínda que cun tratamento xeolóxico exactamente igual, pero sen os seus famosos arcos. No entanto son praias especialmente apreciadas polos ribadenses, que adoitan ser quen as frecuentan e contan cun recoñecemento popular entre eles moi por encima do das Catedrais, considerado máis un lugar de visita para turistas que non unha praia como tal para ir gozar dela durante todo o día.

A praia dos Castros, situada coa das Illas na Devesa a sete quilómetros da vila, é, de feito, un dos areais que conta con maior querenza popular entre os ribadenses desde fai xa varias xeracións.

Comentarios