As casas máis baratas de toda a costa española ofrécense na Mariña

O prezo da vivenda é na comarca lucense aínda máis reducido que na Costa da Morte
Construcción en Foz. IRIA L.V.
photo_camera Un edificio en construción en Foz. ARQUIVO

Os prezos do metro cadrado de vivenda na Mariña seguen sendo de derriba pois é a zona costeira con custos máis reducidos de toda España. Un informe do portal inmobiliario Idealista en base a prezos de abril último en municipios costeiros e turísticos sinala que a comarca é a que rexistrou unha das maiores caídas de cotización no último ano, case un 6%, só superada pola vivenda na Costa Tropical granadina.

Con 840 euros por cada metro cadrado que piden de media os propietarios da Mariña, o prezo da vivenda é na comarca lucense aínda máis reducido que na Costa da Morte (992 euros o metro cadrado) e contrasta co incremento case xeneralizado que rexistrou a vivenda xunto ao mar durante este último ano de pandemia, que polo xeral creceu un 0,5%.

É coñecido o desfasamento de prezo e rendas do noroeste cantábrico co do leste da costa vasca e cántabra, onde se volveu a apreciar a vivenda. No litoral guipuscoano pídense de media 3.147 euros por metro cadrado de casa e na biscaíña 2.365. Aínda que é Baleares onde máis subiu. Idealista vira o seu informe sobre a época de pandemia pero na Mariña o sector apunta máis motivos.

Comentarios