martes. 24.05.2022 |
El tiempo
martes. 24.05.2022
El tiempo

Lourenzá acolle o Cross da Mariña e o campionato provincial de campo a través

_LVZ9493
Un Cross da Mariña anterior. J.MªÁLVEZ
Ambos os títulos resolveranse na mañá do domingo na mesma carreira, que terá lugar no campo de Santa Cruz e os seus arredores

Lourenzá prepárase para vivir unha intensa xornada de campo a través este domingo, coa quinta edición do cross comarcal A Mariña Lucense, que inclúe tamén o campionato provincial da modalidade. A proba desenvolverase no campo municipal de fútbol de Santa Cruz e os seus arredores e a organización corre a cargo do Club Atletismo Lourenzá.

Na proba popular poderán participar todos os atletas —federados ou non—, mentres que na federada participarán aqueles que teñan ficha cursada pola Federación Galega de Atletismo durante esta tempada.

No cross da Mariña competirán os juniors, séniores e tres categorías de máster, dependendo da idade. A nivel de equipos, terán que estar formados por un mínimo de catro atletas, que sumarán os seus postos resultando gañador aquel equipo que some menos puntos. En caso de empate decidirá a clasificación do cuarto que obteña mellor posto. 

A proba arrincará ás 11.30 horas, cunha distancia aproximada de 5 quilómetros, para un total de 4 voltas ao circuíto.

Lourenzá acolle o Cross da Mariña e o campionato provincial de...
comentarios