A carpa para a cea de Entroido de Foz chegará aos 950 metros cadrados

O Concello confirmará ás 190 persoas en lista de espera se finalmente poden asistir, aínda que o alcalde asegura que todo apunta a que si

aaaa
photo_camera Traballos para aumentar a capacidade da carpa. AMA

O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, confirmou que as obras que se están executando no exterior da Sala Bahía e que supuxeron tirar o muro do aparcadoiro supoñen gañar 150 metros cadrados, o que implica que a carpa para a cea de coroación da raíña do Entroido que se celebra o sábado terá 950 metros cadrados, que se suman aos 300 metros do interior da sala. "Tirando o muro mellorouse moito o espazo, porque está todo máis unido e non se vai notar que son espazos distintos", explicou o rexedor, que augura que con este espazo a maiores poderase dar cabida ás 190 persoas que están en lista de espera.

"Confirmarémoslles nos vindeiros días se poden asistir, pero todo a punta a que si", dixo, e asegurou que de cara ao futuro "hai que pensar que estamos no tope de asistentes", porque descarta que o evento poida cambiar de localización. 

Comentarios