Cáritas de Viveiro entregou xoguetes a 186 nenos de 98 familias

A organización agradece a xenerosidade das persoas e entidades que fixeron doazóns

caritas viveiro AMA
photo_camera Parte dos xoguetes que entregou este Nadal Cáritas en Viveiro. AMA

A agrupación de Cáritas Interparroquial de Viveiro realizou a súa habitual entrega de xoguetes por Reis ás unidades familiares con carencias do municipio e nesta ocasión foron parar a 186 pequenos de 98 familias.

Segundo explica desde Cáritas Mercedes Prieto, a campaña de recollida de xoguetes e donativos resultou un éxito. "Realmente queremos dar as grazas porque tanto o que pedimos a empresas como no peditorio da rúa a resposta foi fenomenal. Cáritas é unha entidade apreciada no pobo e a xente envorcouse", comenta.

A organización recibe todo o ano xoguetes de segunda man que doan particulares e en Nadal recibe achegas especiais da empresa Alco -que os entrega novos- e do centro de lecer Nautilus ou de Cines Viveiro, que organizan recollidas de xoguetes e material escolar para doar.

Mercedes Prieto explica que os xoguetes de segunda man repáranse e limpan para entregalos en perfectas condicións para que os gocen estes nenos.

Máis en A Mariña
Comentarios