viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

O can que foi atropelado o domingo en Foz está ben e xa cos seus donos

El perro encajado en la defensa del turismo tras ser atropellado. EP
El perro encajado en la defensa del turismo tras ser atropellado. EP
A rápida actuación dos servizos de urxencias axudou a salvar a vida do animal

O can que foi atropelado na noite do pasado domingo en Foz está ben e xa en casa cos seus donos, uns veciños da propia parroquia de Vilaronte, onde o can foi alcanzado por un coche, quedando xusto encajonado na defensa do mesmo para sorpresa dos mozos que viaxaban no turismo.

A rápida actuación dos servizos de urxencias axudou a salvar a vida do animal, de pequeno tamaño e cuxa mirada asustadiza encaixado na parte dianteira do turismo avivou as emocións de moitos lectores, que incluso creron ver ao seu can perdido ao contemplar a imaxe. Foron tamén varias as chamadas que tiveron preguntando polo animal en Protección Civil de Foz, desde onde axudaron nas tarefas de rescate ao ser os primeiros mobilizados polo 112 tras o atropelo e desde onde confirmaron que o can está xa con con os seus donos, uns veciños da propia parroquia de Vilaronte.

Tras o suceso, o can foi trasladado a unha clínica veterinaria onde lle curaron a ferida do beizo polo que sangraba debido ao golpe na boca polo que perdeu un dente, pero as placas revelaron que non sufría máis lesións que as mazaduras como consecuencia do golpe. Agora, o animal xa ten chip.

O can que foi atropelado o domingo en Foz está ben e xa cos seus donos
Comentarios